Os gaiteiros denuncian o tratamento da música tradicional nos medios públicos

Remitirán a súa demanda aos tres grupos parlamentarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O cambio de horario de emisión na de Alalá na TVG (os xoves ás 23:00 horas) e que Lume na palleira xa só se emite na Radio Galega Música (20.000 oíntes potenciais fronte os máis de 120.000 da Radio galega convencional) son algúns dos feitos que motivaron o último comunicado da Asociación de Gaiteiros Tradicionais. Nel denuncian que diminúen os tempos e se reduce a súa presenza para a música tradicional nos medios de comunicación públicos, ao tempo que insta a recuperar espazos e promover este xénero. Ademais, esta entidade anunciou que remitirá esta demanda aos tres grupos con representación no Parlamento.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, Medios de comunicación, Xénero, TVG...