Alicia no espectro

Miguel Piñeiro aproveita a pintura para tentar achegarse ao universo do autismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
La manzana de adán y el Ipod de Eva (Apple) - Oleo y acrílico sobre madera - 70x100cm

La manzana de adán y el Ipod de Eva (Apple) - Oleo y acrílico sobre madera - 70x100cm

A rúa dos Omos da Coruña convértese por uns días nun pinctórico xardín no que Alicia é a protagonista. Pero non só é a Alicia de Lewis Carrol (moi de moda estes días coa estrea na carteleira da adaptación cinematográfica de Lewis Carrol) senón pola afillada de Miguel Piñeiro, unha nena de catro anos que é autista. Por iso, o pintor arousá mestura a ritmo de pincel o universo simbólico de Carrol, co mundo interior da súa afillada cando non responde ás chamadas externas. A exposición, que se pode ver na galería Moret Art, achega os dous últimos anos de traballo deste pintor arousán no que emprega a pintura para que o público poida sentir, por un instantes, dentro dun mundo no que viven as Alicias.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A alma en branco

A alma en branco

Moret Art presenta o traballo recente do pintor coruñés Manuel Suárez

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Piñeiro, Galería, Moret Art, Moda

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos