A Deputación de Pontevedra presenta o seu Plan Cultural de actividades para a provincia

Entre as novidades, unha sección dedicada a público infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Animación infantil, ballet, bandas de gaita, cantautores, grupos de música clásica, majorettes, corais, poetas, teatro... en total 23 seccións que dán acubillo a preto de 1.000 entidades culturais formadas por 30.000 persoas. Este é o catálogo profesional, no que este ano se inclué como novidade unha sección dedicada a público infantil, que posibilita a realización de actividades culturais por toda a provincia de Pontevedra. E todo isto se engloba no Plan Cultural da Deputación de Pontevedra que se presenta esta tarde no Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe. En total, destinaranse 600.000 euros (dos que 200.000 foron achegados por Caixanova) a desenvolver actuacións ao longo deste ano.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Teatro, Animación, Caixanova