A Deputación de Pontevedra presenta o seu Plan Cultural para 2011

A entidade investirá máis dun millón de euros en 945 entidades da provincia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Plan Cultural da Deputación de Pontevdra prevé investir máis dun millón de euros para actividades en 2011. A maior parte deste investimento distribuirase entre 945 agrupacións e colectivos da provincia, entre os cales destacan "111 grupos de gaitas, 81 bandas, 138 corais e 56 de música clásica" segundo apuntou o presidente da entidade Rafael Louzán. Segundo apunta a entidade, o Plan pretende "dar resposta a unha realidade artística e cultural moi arraigada como é existencia de centos de agrupacións que practican os diferentes estilos musicais" e cobre a celebración de diferentes festivais de corais e bandas, entre outros proxectos.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra

Claves

Lugares