Vigo aposta pola BD co programa Un mar de viñetas

Ata o vindeiro mes de setembro sucederanse exposicións, obradoiros e un certame de BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
Cartel de Un mar de viñetas

Cartel de Un mar de viñetas

A concellaría de Normalización Lingüística de Vigo presentaba esta mañá o programa Un mar de viñetas, unha nova aposta poa banda deseñada neste concello. O programa, organizado en colaboración coa Concellaría de Xuventude, o MARCO e mais a Asociación BD Banda, achegará ao longo de todo o mes obradoiros de banda deseñada para escolares e mais un ciclo de formación destinado especificamente a profesores. Para o vindeiro mes de xullo prepárase unha serie de obradoiros para adultos, e o vindeiro mes de setembro anúnciase un certame de BD que se celebrará en decembro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Exposicións, Normalización Lingüística, Xuventude...