Descende o número de internautas en Galicia

Segundo a última vaga do Estudo Xeral de Medios

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTecnoloxía
Compartir:

A penetracion de Internet en Galicia, en número de usuarios, reduciuse no primeiro trimestre de 2010 en relación a anos anteriores, segundo a análise do Estudo Xeral de Medios en febreiro-marzo de 2010. Con respecto ao 2009, pasouse do 42% de penetración ao 41,7%, invertíndose o proceso de crecemento continuado que se dera desde 2006 e distanciándose da media do Estado español, que está no 53,1%. Galicia é a terceira comunidade autónoma pola cola en número de internautas.

O descenso de internautas tamén aconteceu noutras comunidades autónomas nos que cae por primeira vez, o que parece evidenciar unha relación co contexto de recesión económica en España. Comunidades coma o País Vasco, Navarra, Cantabria, Castela A Mancha e Canarias, tamén rexistran datos de descenso. Sen embargo, outras comunidades autónomas continúan medrando no número de internautas. O Estudo Xeral de Medios é a investigación sobre usos de medios con máis tradición no Estado español e está promovido pola Asociación para a Investigación en Medios de Comunicación (AIMC).

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Medios de comunicación, Canarias, Mancha...