Luz Pozo Garza e Xavier Quiroga levan os Premios da Crítica Española

A poeta fai dobrete de galardóns esta fin de semana

19/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A novela O cabo do mundo, de Xabier Quiroga, e o poemario Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza, levaron cadanseu Premio da Crítica o pasado sábado. A Asociación Española de Críticos Literarios recoñeceu estes traballos entre os publicados en lingua galega nos últimos doce meses. Precisamente esta mesma fin de semana, a obra de Luz Pozo Garza lle valía o recoñecemento da Asociación de Escritores en Lingua Galega nos seus premios.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Pozo Garza, Lingua galega, Escritores, Asociación Española de Críticos Literarios...