Manuel Bragado fala durante a entrega dos premios. Foto: AELG
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado a Cea das Letras, na que outorgou os seus premios anuais. Os galardóns foron, entre outros, para Manuel Bragado polo seu blog Brétemas. Agustín Fernández Paz resultou vencedor en literatura infantil e xuvenil, e a compilación de cartas de republicanos condenados a morte que realizou Xesús Alonso Montero impúxose na categoría de ensaio. Pola súa banda, Manuel Rivas viu recoñecida a súa traxectoria xornalística, en narrativa o premio foi para Cid Cabido e en teatro o vencedor foi Rubén Ruibal. Luz Pozo Garza en poesía e a tradución de O museo da inocencia completan a lista de galardoados.
PREMIOS AELG 2010
Blog Literario
Brétemas (http://bretemas.blogaliza.org/), de Manuel Bragado
Ensaio Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero
Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix) Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
Mellor traxectoria xornalística (AELG-Colexio de Xornalistas
Manuel Rivas
Narrativa Unha historia que non vou contar,de Cid Cabido
Poesía Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza
Teatro Delimvois, de Rubén Ruibal
Tradución O museo da inocencia, de Orhan Pamuk , en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos