Un encontro analiza a vertente xurídica do Camiño de Santiago

A EGAP acolle ata o vindeiro día 16 intervencións sobre a lexislación actual e histórica destas vías

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha visión xurídica do Camiño de Santiago é o título do encontro que se desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro venres na Escola Galega de Administración Pública, en Compostela. O réxime de protección legal do camiño de Santiago, a protección do mesmo e mais dos peregrinos ao longo da historia, a acción administrativa de fomento desta vía ou mesmo os delictos relacionados coa mesma son algunhas das cuestións que se abordan no encontro. Canda a isto unha ampla mesa redonda analizará as necesidades de desenvolvemento normativo arredor deste ben patrimonial.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Camiños de protección

Camiños de protección

A consideración dos camiños históricos como patrimonio cultural ten aínda un longo camiño por percorrer no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Santiago de Compostela

Claves