As curtas gañadoras en Cans serán preseleccionadas para os premios Goya

No certame pontevedrés só compiten producións galegas

13/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Para ser preseleccionado para os premios Goya na categoría de mellor curtametraxe de ficción é requisito “sine qua non” ter gañando nalgún festival recoñecido pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Pois ben, os gañadores do festival de curtas de Cans (Porriño) cumpren con ese requisito xa que a Academia acaba de recoñecer a este encontro organizado pola Asociación Cultural Arela. Segundo unha nota de prensa remitida polo festival de Cans, afirman que “esta decisión garante a presenza de curtas galegas na preselección ao máximo galardón do cine español, xa que todas as creacións a concurso no Festival de Cans son producións galegas”.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Premios Goya, Cine, Festival de Cans...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares