O Festival de Cans amplia o palmarés cun premio á mellor banda sonora

Recibiu 164 producións galegas para a sección oficial da décima edición

26/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Asociación Cultural Arela deu a coñecer hoxe as cifras de producións presentadas a concurso para a décima edición. En total, recibiu 164 producións galegas entre curtas e videoclips, sendo as curtas de ficción (82 traballos) as máis numerosas. Ante a calidade da música orixinal das curtas recibidas, o festival decidiu crear un premio á mellor banda sonora. Unha recomendación que xa lle fixera en 2012 o xurado. A décima edición do certame terá lugar do 22 ao 25 de maio.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Cans

Claves

Entidades
Lugares