O Festival de Cine de Ourense exhibe filmes de temática femenina

É unha das iniciativas coas que o festival pretende estenderse ao resto do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Unha ferramenta máis para visibilizar o papel da muller na sociedade actual”. Estes son, en palabras de Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense, os obxectivos do ciclo 4 miradas de muller. Unha iniciativa pola que se proxectarán nas salas Cinebox as películas A muller sin piano, O club da Calceta, Miss Culag e Séraphne. Ao encontro, que este ano celebra os seus 15 anos de vida, xa se presentaron máis de 300 películas para a sección oficial. Ademais, esta é unha das iniciativas coas que o festival pretende estender a súa programación ao resto do ano.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares