O Festival de Cine de Ourense estende a súa programación ao resto do ano

O certame cumpre neste 2010 quince anos de existencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

En marzo celebrará o Día Intenracional da Muller con películas desta temática; colaborará co Cine Clube Padre Feijoo e na festas de Ourense fará proxeccións ao aire libre. O Festival de Cine de Ourense estende así as súas actividades fóra da súa semana oficial, que este ano se celebra do 1 ao 9 de outubro. O encontro ten un significado especial neste 2010, xa que cumpre 15 anos. A efeméride celebrarase cunha retrospectiva aos filmes que pasaron por este festival nestas datas e que será paralelo á sección competitiva (que repartirá 65.000 euros en premios). A inscrición para participar nesta edición xa está aberta e pódese facer a través da web.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares