Descende o número de obras editadas en galego

En 2009 só saíron 1.823 títulos na nosa lingua

Os datos do Instituto Nacional De Estatítisca sobre a edición en España revelan que, logo da recuperación de 2008, o número de obras publicada en galego desceu en 2009. En total saíron na nosa lingua 1.823 títulos dos 3.180 que se lanzaron no país. En xeral, tanto o número de títulos como os exemplares impresos diminuíron ao longo dos últimos doce meses. O noso sector editorial sitúase como o quinto no país por peso, detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia.