O plan de recuperación do patrimonio convirte a Carral nun referente turístico da comarca

O roteiro dos muíños

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O muiño de Espiñeira converterase nun punto de información medioabiental e turística. Esta rehabilitación insírese no marco do plan de desenvolvemento turístico de Carral, polo cal o Concello xa restaurou catorce muíños de batán no pasado mes de xuño. A explotación dos recursos naturais e patrimoniais que fai a concellería de Cultura de Carral converte a zona nun referente para o turismo rural. Dentro do mesmo plan trabállase na recuperación dunha minicentral hidroeléctrica do século XVIII, a construcción dun albergue e a recuperación da ponte das Catalinas en As Travesas.

Máis información en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carral, Muíños, Turismo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)