A Asociación de Deseñadores galegos organiza en Santiago unha Pecha Kucha Night

Os fondos destinaranse á unha ONG para a reconstrución de Haití

23/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: arteespectaculos
19 lecturas | Compartido 0 veces
É un encontro transdisciplinar que achega desde moda, fotografía fusionados con música e novas tecnoloxías. As primeiras Pecha Kucha Night desenvolvéronse en Pontevedra e agora, a Asociación de Deseñadores Galegos trasládaa a Santiago e con fin humanitario. Este mércores, 24 de marzo (21:30 horas) a Sala Nasa acollerá un destes encontros nos que participarán desde o colectivo de banda deseñada Polaqia, ata a editora Andaina pasando polos músicos faltriqueira, o interiorista Juan Salgueiro ou o artista Edu Valiña. Os fondos irán destinados á ONG Arquitecture for Humanity para a reconstrución de Haití.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares