Galaxia publicará unha versión de A esmorga sen censurar

Un estudo de Xosé Manuel Dasilva permitiu recuperar fragmentos inéditos da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tiveron que pasar cincuenta anos desde a primeira edición de A esmorga para que poidamos gozar dunha versión íntegra desta obra. Galaxia publicará antes do final do ano unha versión da obra de Blanco-Amor que inclúe fragmentos inéditos que foran recortados pola censura franquista. Un estudo de Xosé Manuel Dasilva verificou que no expediente do censor sobre a novela figuran fragmentos, todos eles no capítulo quinto, que non se incorporaran a ningunha das edicións da obra e que, segundo a editorial, teñen "unha importancia decisiva" para o final da historia.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esmorga, Xosé Manuel Dasilva, Xosé Manuel Dasilva, Editorial Galaxia

Claves

Entidades
Conceptos