Unha fundación comarcal promocionará os artistas do Morrazo

A entidade quere dar a coñecer tamén os festivais e salas da zona

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

EmerxeMorrazo é o nome da fundación que mañá se presenta na Casa da Música de Bueu. O proxecto, que conta co apoio dos concellos de Marín e Bueu, así como da Federación de Comerciantes da comarca e mais a asociación Troula na Banda pretende darlle impulso aos creadores da zona. A iniciativa incidirá especialmente na promoción e no apoio a artistas emerxentes. Ao tempo, preténdese promover o coñecemento fóra da comarca daqueles grupos, festivais e salas existentes na mesma. Na presentación de mañá darase a coñecer polo miúdo o programa de actuación previsto para 2010.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morrazo, Bueu, Marín

Claves