Un experto analiza os biocombustibles no Consello da Cultura Galega

Fai parte das actividades da sección de Ciencia, Natureza e Sociedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

¿Son verdes os biocombustibles? A resposta a esta pregunta está na conferencia que William F. Laurance ofrecerá este mércores 3 de marzo no Consello da Cultura Galega (12:00 horas). O profesor Laurance é un dos máis importantes investigadores actuais en ecoloxía tropical e recibiu, entre outros, o Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación. A cita, que será impartida en portugués, fai parte das actividades que a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade organiza co gallo do Ano da Biodiversidade.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Natureza, Ciencia, Portugués