O legado filolóxico de Amor Ruibal agrúpase nunha publicación

É a compilación das actas dun congreso organizado polo Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

“Un pioneiro”. “O seu traballo foi como unha semente”. Estes foron algúns dos calificativos que o teólogo e escritor Andrés Torres Queiruga máis o profesor Pablo Cano lle brindaron ao traballo desenvolvido por Ángel Amor Ruibal (1869-1930) no campo da lingüística. Foi un dos precursores dos estudos nesta materia pero, sobre todo, fixo achegas imporantes na concepción da metáfora e no tratamento da orixe da linguaxe. As análises da súa obra, desde diferentes puntos de vista, e a cargo de importantes estudosos conforman Amor Ruibal Filólogo,a publicación coa que se compilan as actas do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega no ano 2005.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrés Torres Queiruga, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas