Compostela acollerá as I Jornadas Galegas de Ediçom Independente

O encontro reúne entre o 2 e o 5 de marzo as propostas en activo deste tipo

25/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Estaleiro, Positivas, Urco ou Corsárias son algunhas das propostas de edición alternativa que se están a desenvolver na actualidade en Galicia. Estes e outros colectivos reúnense a vindeira semana, entre o 2 e o 5 de marzo, na biblioteca Ánxel Casal de Compostela no marco das I Jornadas Galegas de Ediçom Independente. No encontro desenvolveranse mesas redondas encol desta cuestión e revisarase o panorama en Galicia, Portugal e o País Vasco. Ademais, presentaranse diferentes obras e un haberá un concerto para fechar o evento.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

02/03/2010

Liberdades editoriais

As I Jornadas de Ediçom Independente dan voz a un fenómeno que medra no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, País Vasco, Portugal, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)