Play Doc repasará a carreira de Raymond Depardon e de Jay Rosenblatt

A sexta edición do encontro desenvolverase entre o 17 e o 21 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A cita co cine documental xa quenta motores. A sexta edición de Play Doc arrincará o vindeiro 17 de marzo. Por diante quedan cinco días que exhibirán 31 filmes e nos que se poderá ver a retrospectiva do francés Raymond Depardon e do norteamericano Jay Rosenblatt. Os organizadores do certame continuarán potenciando as actividades paralelas do encontro e nesta ocasión tanto Antón Lamazares coma o escultor Manolo Paz encherán o apartado expositivo. Ademais, haberá concertos en directo dos norteamericanos The Spinto Band ou os angolanos Batida, que compartiran espazo cos creadores de La Blogotheque, unha das propostas audiovisuais máis interesantes que se poden atopar actualmente na rede.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Historias do real

Historias do real

Tui renova o seu compromiso co documental de autor na VI edición do Play DOC

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manolo Paz, Antón Lamazares, Documental, Cine

Claves

Conceptos