Comeza a edición máis galega do Fantasporto

O encontro terá lugar en Porto ata o 1 de marzo

20/2/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
1 lecturas | Compartido 0 veces
Porto é, desde hoxe, a capital do cinema fantástico. Comeza na cidade portuguesa o Fantasporto, un dos festivais máis destacados a nivel europeo desta temática. Nesta edición, Galicia é cinematografía convidada, polo que se proxectarán sete películas que servirán de retrospectiva do que se ten feito neste xénero no país. Ademais do apartado expositivo, o certame concederá un premio que recoñecerá a produción audiovisual realizada en Galicia. A sección competitiva deste certame desenvolverase ata o vindeiro 1 de marzo e conta coa participación de filmes como Sexykiller: morirás por ella de Miguel Martín ou Prime time de Luis Calvo Ramos.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos