O laboratorio Alg-a dedícalle a fin de semana á poesía experimental

Sopa de Alg-as inclúe un curso, recitais e actuacións

18/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Videoinstalacións, actuacións, poesía visual e recitais mestúranse no encontro Sopa de Alg-as. Esta iniciativa do colectivo artístico Alg-a desenvólvese esta fin de semana e céntrase na poesía experimental galega. María Lado abre o proxecto cun curso sobre esta cuestión que se celebrará venres e sábado no Centro Cultural de Valadares. Ese último día, a partir das 17:30 iniciaranse as lecturas-actuacións a cargo de autores como Leo e Arremecaghona, AID, Elvira Riveiro ou o colectivo porta verde do sétimo andar. Canda a eles, está previsto a presentación da poesía visual de Antía Sánchez e Lucía Romaní, a videocreación de Mig ou unha acción-instalación a cargo de Nelaque.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

04/10/2019

A poesía toma Allariz

A vila dedícalle á lírica o Festival de Xardíns e celebra o Poemagosto

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Aid, María Lado

Claves

Protagonistas
Conceptos