A Xunta incentiva a I+D+i con partidas económicas para contratos

A medida pretende eliminar as bolsas e, con elas, a precariedade dos investigadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Nestes momentos está aberta a convocatoria para mellorar a situación do capital humano que se dedica ao I+D+i en Galicia. E iso implica que as universidades e outros centros de investigación que se dediquen a esta materia conten con 16 millóns de euros que lle permitirán subsittuír as bolsas por contratos. Desta maneira, preténdese eliminar a tan criticada precariedade do persoal que se dedica á investigación e innovación. Segundo a Consellaría de Economía e Industria, responsable da iniciativa, “o programa establece dúas carreiras, a científica e a tecnolóxica, e estrutura cada unha delas en diferentes subprogramas segundo a fase na que se atope o profesional”.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía

Claves

Conceptos