O Consello da Cultura discutirá no pleno o seu ditame sobre o decreto

A institución explicará a súa postura nunha rolda de prensa

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O ditame do Consello da Cultura Galega sobre as “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia” decidirase o vindeiro luns. Será nesa data cando a institución celebre un pleno no que se presente, debate e aprobe un borrador elaborado por unha comisión coordinada por Henrique Monteagudo e integrada por Rosario Álvarez Blanco, Víctor Fernández Freixanes, José Antonio García Caridad, Ramón Máiz Suárez, Helena Villar Janeiro, como membros do CCG, e Felipe Ferreiro Feijoo e Bieito Silva Valdivia como asesores. O ditame será remitido á Consellaría de Educación ese mesmo día e dado a coñecer o vindeiro martes nunha rolda de prensa (12:00 horas).

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Máiz, Helena Villar, Víctor Fernández Freixanes, Rosario Álvarez...