"Non se pode tratar igual aos desiguais", sinalou Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, ao inicio da comparecencia de prensa na que daba conta, canda Henrique Monteagudo, do ditame do CCG sobre as polémicas Bases para a elaboración do decreto do pluringüismo que fixo públicas en Nadal a Dirección Xeral de PolÃtica LingüÃstica. Os pais non poden ser quen decidan en qué lingua se educan os seus fillos, e os alumnos non poderán escoller libremente o idioma que empregan na aula. Este é un dos puntos que recolle o Ditame do Consello da Cultura Galega sobre as Bases para a elaboración do decreto do pluringüismo no ensino non universitario de Galicia que se presentou esta mañá na sede da institución. O pleno do CCG aprobou onte sen ningún voto en contra un texto que recomenda recuperar o consenso arredor do idioma. Entre outras cuestións, o Consello defende que o emprego das linguas no ensino debe seguir o principio de progresividade do galego que recolle o Plan Xeral de Normalización, e que as porcentaxes concretas deberán ter en conta o contexto de cada centro. Ao tempo recomenda a creación dunha oferta educativa en galego para alumnos de entre 0 e 3 anos e a atención ás linguas minoritarias en contextos bilingües. Do mesmo xeito, apunta que a introdución dunha lingua estranxeira no ensino debe ir de xeito voluntario e gradual, e non se facer a costa dunha das linguas oficiais e regularse nunha norma separada.
Ditame do Consello da Cultura sobre as bases do Decreto para o PlurilingüÃsmo.