Novos traballos internacionais para os creadores galegos

Emma Ríos debuxará para a Marvel a Firestar, a superheroina dos anos oitenta

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Portada de Firestar, dexeñada por Stephanie Hans

Portada de Firestar, dexeñada por Stephanie Hans

Emma Ríos e Javi Montes suman novos encargos ao seu xa longo portafolio. Emma Ríos continúa a súa andaina na Marvel cun tomo compilatorio de Strange, a serie de catro números que xa debuxou nesta editora. Ademais, en abril chegará ás tendas americanas un One shot (unha edición unitaria) de Firestar, unha superheroina dos anos oitenta. Canda ela, o ilustrador Javi Montes colorea o número 2 da serie Talismán para o mercado francófono, con guión de François Debois e debuxado por Montse Martín e que saxe hoxe á rúa. A axenda de Montes está completa cunha serie coa editora belga Lombard con guión e debuxo de Mateo Guerrero, máis o proxecto con Tirso Cons, Le Manoir des murmures, para Humanoides.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Debuxo, Guión

Claves

Protagonistas
Conceptos