Emma Ríos continúa a súa carreira americana

Debuxará Strange con guión de Mark Waid, para Marvel

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A carreira da galega Emma Ríos na industria do cómic estadounidense continúa a todo ritmo. Desta volta segundo acaba de anunciar o web Comic Book Resources, será ela a responsable do debuxo na miniserie de catro números Strange que publicará proximamente Marvel. O proxecto, que se centra nun dos máis coñecidos personaxes do universo desta editora, contará con guión de Mark Waid, quen sinalou que "coa doidamente talentosa Emma Ríos no debuxo, podemos facer o personaxe máis encantador e sexy do que foi en anos".

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Guión, Debuxo, Cómic

Claves

Protagonistas
Conceptos