O Encontro Arqueolóxico do Barbanza chega á súa IV Edición

A Estrada celebra esta fin de semana as súas I Xornadas de Historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Como unha cita xa consolidada, o Encontro Arqueolóxico do Barbanza celebrará entre os días 27 e 28 de febreiro a súa cuarta edición. Cuestións coma a rendibilidade social do patrimonio, o crómlech da Mourela ou as comunidades campaniformes en Galicia trataranse a cargo de recoñecidos especialistas galegos e foráneos. Os interesados teñen a inscrición aberta. Pola súa banda, na Estrada celebran esta mesma fin de semana as súas I Xornadas de Historia. Centrado na Historia como recurso turístico, este encontro tratará temas como o románico nesta zona xeográfica ou a presenza de trobadores na área.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares