Craig Patterson é un rapaz novo, cun aire inequivocamente inglés. A sorpresa vén ó escoitalo falar cun galego perfecto. Craig é ese inglés particular que está a traducir a obra cumio de Castelao, Sempre en Galiza. O vindeiro día vintetrés presentará este proxecto na Galería Sargadelos de Ferrol, ás oito da tarde. Falamos con este medio irlandés oriundo de Gloucester para saber máis sobre el e sobre o seu proxecto.
¿Como empezou o teu interese polo galego?
Eu empecei a interesarme polo galego cando botei un ano fóra, en Castela. Eu licenciábame entón en hispánicas, en 1996, vivía en Salamanca, e nunha fin de semana subín a Galicia cun par de amigos nun Ford Fiesta. Cheguei a Compostela no luscofusco, era todo moi bonito e basicamente namorei de Galicia e sigo namorado. Pasei despois un ano en Galicia estudiando... ben, basicamente rascando a bóla, cunha bolsa do Ministerio de Asuntos Exteriores de Madrid. Despois voltei a Inglaterra, a Oxford, e alí estiven a facer a miña tese sobre Otero Pedrayo. Agora son profesor da Universidade de Birmingham e membro do Seminario de Estudios Galegos desta Universidade. Aló hai tres centros, o de Cork dirixido por David McKenzie, está o de Birmingham, que Derek Flitter e outro en Oxford dirixido por John Rutheford. Todos eles foron para min os que me inspiraron a meterme nos estudios galegos e a comprometerme co galeguismo.
NON TEÑO NINGÚN PAPEL QUE ACREDITE QUE SEI GALEGO, NUNCA FIXEN UN EXAME NIN NADA"
¿Aprendiches o galego entón nese ano que pasaches aquí?
Eu aprendín galego basicamente en Galicia, falando coa xente. Ademais, fixen un curso de galego para estranxeiros organizado pola Universidade de Santiago. Foi o único que fixen, e tampouco o rematei, non saquei o papelexo. Non teño ninguén papel que acredite que sei galego, nunca fixen un exame nin nada. Pero o curso axudoume moito, quero animar ós outros estudiantes estranxeiros a que fagan estes cursos.
¿E só con este curso lanzácheste á traducción?
Si. Eu creo que hai facer, non hai que falar. Ó igual que xeracións no pasado, coma a Xeración Nós e a enerxía que tiveron, que para min é unha grande inspiración. Foron facendo e así animaron a moitos máis a seguir os seus pasos. E aínda hoxe en día son para min un modelo de compromiso.
SE OS HOMES DA XERACIÓN NÓS NON FOSEN GALEGOS TERÍAN MÁIS SONA
¿Cando comezou o teu interese en Castelao?
Para min, como non se pode dividir Galicia de Rosalía non se pode dividir Galicia de Castelao. Cando eu estaba en Galicia un dos primeiros textos que lin foron as Cousas, e desde o primeiro momento collín a idea de pasalo ó inglés. Creo que é un deber fundamental facerlle xustiza á herdanza de Daniel Castelao, á herdanza popular e colectiva do Pobo Galego e ir pasando esas obras ó inglés porque se eses homes de Nós non fosen galegos terían máis sona mundial. ¿Por qué Unamuno ten tanta sona? Porque fixeron traduccións, porque obviamente estaba nunha cultura moito máis solidificada, con alicerces políticos e culturais a longo prazo, e non nunha cultura asoballada e reprimida.
TEMOS QUE PENSAR EN COMO IR FACENDO QUE GALICIA ESTEA DE MODA EN INGLATERRA"
¿Cómo naceu o proxecto de traducir Cousas?
Cando voltei ó meu país para comezar a tese logo de pasar un ano enteiro en Galicia, parecíame fundamental comezar este proxecto. Argallamos un grupo de traducción en Oxford con dous galegos e dous ingleses e fomos traducindo a obra ó longo de tres ou catro anos. Foi un traballo duro con moito compromiso por parte de todos. Ó final Things publicouse na editorial galesa Planet que son moi colegas nosos e fan cousas sobre a cultura galega e tamén recibimos unha subvención da Xunta á publicación da obra. Non houbo moita recepción en Londres porque o mercado británico está moi ocupado consigo mesmo e é moi difícil interesalo en linguas e culturas minoritarias que non estean de moda. Ó mellor temos que pensar en como ir facendo que Galicia dalgún xeito estea de moda alá, pero iso é un proxecto a moi longo prazo.
E como te metiches a traducir Sempre en Galiza
A idea de facer Sempre en Galiza saíu nunha longa conversa con Gabriel Rei-Doval. Xurdiu tomando unha pinta ou algo, e para min foi coma un lóstrego. Díxenme iso téñoo que facer e non gasto máis tempo. E empecei axiña. Agora estou pulindo o Adro. Henrique Monteagudo vaime botar unha man na redacción e inspección do texto. Imos facer unha versión moi fiel ó pensamento político e á dimensión humana de Castelao, aínda que pensamos en cortar certas partes. Iso hai que destacar que non ten de ningún xeito motivación política, é máis ben para facilitar ó lector a tarefa de lectura. Estamos falando dun lector non galego, quizais nin hispánico, así que imos ter que engadir apuntamentos históricos e culturais, o que fará o texto máis pesado. Pensamos en abrir vieiros de contacto que desde hai moito tempo fan falla entre ese pensamento político e humano de xente coma Castelao e os lectores de fóra de Galicia.
Ó TRADUCIR, ÁS VECES TEÑO A SENSACIÓN DE ESTAR CASE FALANDO CON CASTELAO"
¿Dáche moito traballo esa traducción?
É algo que podo facer facilmente, ás veces son capaz de traducir diante do televisor, para min é coma un pasatempo e pásoo moi ben. Pero ademais diso, ás veces teño a sensación de case estar falando, de estar en contacto íntimo con Castelao, de poder distinguir unha voz moi humana, a voz dun home que está nesa situación cada vez máis difícil, por non dicir fodida. Porque Sempre en Galiza non é só un tratado político, é un libro moito máis enriquecedor, moito máis agarimoso no senso en que Castelao fala por exemplo dun can na rúa de Estremadura... Son pequenos detalles humanos que emprega ás veces para dar un tipo de observación sobre a situación sociolingüística e política do seu país, e tamén de España, dun xeito parabólico, coma un sermón evanxélico. Iso eu atópoo especialmente no Adro.
¿Que outros traballos desenvolves sobre Galicia e sobre o galego?
Veño de rematar a miña tese sobre A identidade cultural galega nas obras de Don Ramón Otero Pedrayo. Esta é a primeira tese en lingua inglesa que se fai sobre Otero Pedrayo, coido eu, e agardo publicala en galicia e en galego algún día. En setembro comezo a traballar dando clases, un curso sobre Literatura Galega... Ademais participarei no Seminario de Estudios Galegos de Birmingham. Tamén continuarei a miña investigación sobre a representación da identidade cultural galega. Agora torno a estudiar a Castelao mentres fago esa traducción. Basicamente vou empregar o mesmo método que apliquei con Otero Pedrayo, identificar as fontes de emprega, como as emprega, que quere dicir con elas e como distorsiona ás veces esas fontes. E, resumindo, ver qué é para ser ser galego, qué é Galicia. No futuro quixera publicar un libro enteiro sobre a Identidade Cultural Galega na Xeración Nós. Na miña opinión non se fixo un estudio completo e axeitado que fixese xustiza a estas ideas. Agora estou con Castelao, logo seguirei con Vicente Risco e gustaríame reunir despois todos os traballos nun so tomo. Pero son aínda moitos anos.
¿Cres que hai unha conexión entre Inglaterra e Galicia a nivel de identidade?
Compartimos un clima que ás veces é moi semellante. Penso que os dous pobos teñen unha alta sensación do irónico e do absurdo da vida. Pero hai que destacar tamén que o humor inglés é moito o humor do conquistador, do imperialista. Non todo, pero si moito. Mentres, o humor do galego é o do asoballado, o do desprezado. Ten un humor que para min, que son medio irlandés, lémbrame moito ó dos meus tíos do Sur de Irlanda, un humor evasivo, defensivo.
XA SON HORAS DE IR VENDO A CASTELAO COMA UN SER HUMANO E NON COMA UN MITO"
¿Castelao está recoñecido axeitadamente en Galicia?
Penso que si. Pero tamén penso que xa son horas de ir vendo a Castelao sobre todo coma un ser humano e non coma un mito. Para min Castelao só pode gañar prestixio se facemos a xustiza de falar del máis coma un home que estaba comprometido, que ás veces dicía cousas realmente parvas, pero que despois deixou detrás a herdanza política comprometida dun home completamente entregado ó seu país, se cadra máis que calquera colega da súa xeración. Eu quixera máis obxectividade ó nivel crítico. Castelao ten moito de mito, porque o mitificaron para fortificar unha cultura galega que estaba co franquismo enriba, e non vexo nada sorprendente niso. Pero xa estamos noutros tempos, retiraron a estatua de Franco, e por iso gústame moito a idea de presentar a obra en Ferrol, iso tamén ten algo de simbólico. Se unha cultura quere realmente ser considerada coma as demais ten que ter obxectividade, ten que enfrontarse a iso á luz do día. E é tempo xa de que a cultura galega vaia facendo así, vaia vivindo e comportándose con honestidade. Xa non nos fan falta os mitos.
¿Considéraste galeguista?
Eu son galeguista antes de nada. Considérome galeguista porque teño un compromiso con Galicia e coa cultura galega. Eu dedico a miña vida profesional ó estudio da literatura e da cultura galega con moito gusto, con moito honor e con moito pracer. Atópome aquí moi cómodo e estou encantado de colaborar con outros colegas nestes estudios.
¿Como vai ser a presentación de Ferrol?
Vai facer a presentación Gabriel Rei-Doval na Galería Sargadelos. Despois falará Henrique Monteagudo e un representante da Fundación Castelao e despois falarei eu. O título da miña charla é Castelao en inglés: Forever in Galiza. Falarei un pouco de como me acheguei ó proxecto e as miñas primeiras impresións, tanto a nivel cultural como lingüístico. Vou ler un anaco que xa teño traducido sobre a lingua galega pensando na polémica que hai sobre a decisión de representar Os vellos non deben de namorarse en castelán. Vou aludir un pouquiño a iso.
"CASTELAO NON É NINGÚN AUTOR ESTRANXEIRO EN GALICIA E POR ISO NON HAI QUE FACERLLE UNHA TRADUCCIÓN"
¿Qué opinas de que se represente en Galicia e en castelán Os vellos non deben de namorarse?
Paréceme totalmente absurdo. Eu entendo que o Centro Dramático Galego debe representar en galego. Sexa un autor alemán, marciano, francés... Que fagan unha traducción primeiro e que representen en galego. Se estamos nunha comunidade bilingüe na que o galego é unha lingua supostamente tan recoñecida coma o castelán, suponse que un Centro Dramático Galego vai representar en galego. Se non pódese crear un Centro Dramático Castelán-representante en Galicia. Paréceme absurdo que unha das pezas teatrais máis sobranceiras, máis fermosas de Galicia se represente en castelán. Segundo o vexo eu, Castelao non é ningún autor estranxeiro en Galicia e por iso non hai que facerlle unha traducción.
¿Como ves a situación do galego?
Penso que o galego vai sobrevivir mentres non haxa guerras cataclísmicas e nucleares. Non comparto a visión da UNESCO nin moito menos. Se botamos un ollo á Historia e vemos as cousas ás que ten sobrevivido a lingua, ós séculos que pasou con pouquísima representación cultural, hai pouca cousa á que non poida sobrevivir unha lingua así, é dalgún xeito inmorredoira. Eu creo que o galego vai adiante e agardemos que nunha sociedade integradora que respecte a todos. Pero tamén unha sociedade na que o galego vaia primeiro.
¿Pensas voltar por aquí?
Eu sempre voltarei a Galicia. A miña vida está comprometida con ese pequeno recuncho do mundo e eu vou estar aquí todos os anos, é algo sen discusión. Agardo tamén ocupar postos comprometidos con Galicia alá. Teño moitas ganas de voltar e de seguir traballando polo ben da cultura galega e do país.
¿Pódesnos falar doutras iniciativas sobre Galicia que se desenvolven en Inglaterra?
Gabriel Rei-Doval, unha rapaza estadounidense que se chama Kerry McKevitt e mais eu estamos a iniciar un proxecto que se chama, Teach yourself Galician. Nós decatámonos de que alá hai libriños para autoaprender euskera, catalán e mesmo quizais marciano, pero non hai de galego. E queremos facer un libro que facilite a aprendizaxe dos posibles alumnos de galego. Tamén imos organizar como case todos os anos un congreso sobre literatura e cultura galega, a cargo de Derek Flitter, director do Seminario de Estudios Galegos en Birgmingham. E sobre todo agardamos impartir clases ós estudiantes para espallar a cultura galega alá e agardamos que algún deles, coma min, pase a facer unha tese e a interesarse no tema. En Oxford está desenvolvéndose un obradoiro semanal de traducción dirixido por John Rutheford, e están a preparar unha escolma de narradores novos.. En Cork, con David McKennedy están sempre convidando a galeguistas e xente da cultura a dar conferencias alí. Os tres centros fan un labor constante. E quixera que esta traducción de Sempre en Galiza chame un pouco a atención sobre o labor que se vai realizando.