Nace Película Invertida, unha plataforma para abrir novas vías para a produción de cine

Os profesionais do sector audiovisual denunciaron a orde ministerial perante a UE

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Rachar co modelo “empresa privada-televisión pública-administración pública”. Este é o obxectivo que procura Película Invertida. Este colectivo, integrado inicialmente por 12 persoas, pretende servir de punto de encontro de profesionais do sector audiovisual para promover a realización de filmes fóra do modus operandi habitual. Malia que a idea leva meses xestándose, o colectivo deuse a coñecer esta fin de semana e comeza agora a súa campaña de captación de socios. Canda esta iniciativa, o sector audiovisual segue a manifestar o seu malestar pola Orde Ministerial que desenvolve a Lei do Cine. A última nova a este respecto é o comunicado remitido pola Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego no que explica o atranco para o futuro das producións independentes que o levou a denunciar esta lei ante a Unión Europea.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Sistemas de película

Sistemas de película

A situación estrutural e financeira afoga ás empresas do sector audiovisual galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Unión Europea

Claves

Entidades
Conceptos