Multiplícanse as iniciativas para recuperar a figura do apalpador

O personaxe centrará a programación do Concello de Santiago para Nadal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Apalpando ilusións é o nome do programa de actividades coas que o Concello de Santiago quere recuperar a partir deste ano a figura do apalpador. Este personaxe da tradición popular, que traía agasallos aos nenos, protagonizará un espectáculo a cargo de Títeres Cachirulo. Ademais, desenvolveranse obradoiros, proxeccións de cinema e outras actividades para os mais pequenos. Pola súa banda, o Concello da Coruña vai promover unha edición especial do conto O apalpador, de Xoán González, para distribuír entre os nenos e nenas da cidade e dar a coñecer así esta figura. Pola súa banda, a Asociación Cultural Foucelhas, de Ordes está a distribuír en diferentes centros de ensino do país unha guía didáctica para difundir esta tradición.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

(Re)inventar o Nadal

(Re)inventar o Nadal

Multiplícanse as propostas culturais que teñen o Apalpador como protagonista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Nadal, Espectáculo, Guía...