Oito anos despois do seu inicio, o Festival de Teatro Afeccionado AgustÃn Magán, regresa ao escenario no que comezou, o Teatro Principal de Santiago. A cita, que este ano se celebra do 5 ao 8 de decembro, conta con catro montaxes seleccionadas (O Aturuxo de Melpómene con Comendo pementos de Padrón con Tarantino; O Trasno Novo Teatro de Vigo con Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra; Carfax Teatro de Culleredo con Transilvania de Manuel Lourenzo; e Teatro Escoitade de Valadares con Longa vida a Martiño de Güimil). Na presentación do programa do festival, a concelleira de Cultura, Socorro GarcÃa, aproveitou para facer outro anuncio destinado a mellorar o tecido teatral da cidade de Santiago: a creación dunha sala de teatro destinada a espectáculos de formato pequeno en Santa Marta. Ademais, anunciou que o novo espazo prentende incluirse na Rede Galega de Teatros e Auditorios.