Tangatutanga faise co premio GzCrea na categoría de teatro cun cabaré

A entrega de premios terá lugar o 15 de decembro no Salón Teatro de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Música, danza, cancións e unha visión irreverente sobre o mundo laboral. Estes son os ingredientes do Aberto por Folga. Cabaré Laboral, o espectáculo co que Tangatutanga acaba de conseguir o GzCrea 2009 na categoría de teatro (dotado con 3.000 euros). Un certame promovido pola Xunta que naceu co obxectivo de promover a inquedanza artística individual e colectiva da mocidade galega a través de diferentes manifestacións que van da banda deseñada á pintura. Tangatutanga é un dos grupos dirixidos por Beatriz Bravo, actriz e crítica teatral para Culturagalega.org. A entrega de todos os premios GzCrea (excepto na modalidade de banda deseñada) terá lugar o vindeiro 15 de decembro no Salón Teatro de Santiago.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Banda deseñada, Danza...