Francisco Domínguez substitúe a Fernández del Riego á fronte da Biblioteca Penzol

Con máis de 50.000 volumes é o arquivo de referencia da cultura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

É o principal arquivo documental da historia da cultura galega e do galeguismo. Naceu, por iniciativa da editorial Galaxia, cos fondos do bibliófilo Fermín Penzol. A día de hoxe conta con máis de 50.000 volumes, oito coleccións completas de xornais, manuscritos do fondo antigo (do século XVI ao XVIII) e tiña como director a Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913). Pois ben, despois de 46 anos ininterrompidos no cargo, del Riego será substituído por Francisco Domínguez. O padroado da fundación votará este mes o seu relevo, aínda que non será efectivo ata o vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Fernández del Riego, Documental, Editorial Galaxia, Medios de comunicación