Desde hai un tempo, unha serie de asociacións veciñais de Asturias, Leon e Zamora mobilizáronse para recibir o sinal da Televisión de Galicia nos seus territorios (contabilÃzanse uns 75.000 habitantes galegofalantes). Unhas demandas que se cumpriron no seu momento pero que se verán frustradas coa chegada da TDT. O Grupo Popular das Cortes de Castela-León rexeitou onte unha proposición non de lei sobre a continuidade da recepción do sinal da TVG, mentres que Alberto Núñez Feijoo anunciou que xa se estaban a estudar solucións para estender o sinal da TVG nestes territorios cando se produza o apagón analóxico.