Cinco concertos e un posto achegarán a música galega a Buenos Aires

AGADIC apoiará tamén a presenza do sector no exterior e mais a gravación e produción de discos

13/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cinco empresas e dous colectivos do sector discográfico galego particirán na prestixiosa feira BAFIM de Buenos Aires entre os días 19 e 22 de novembro. A delegación galega coordinouse co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e baixo a marca GalicianTunes. Canda á vertente empresarial, desenvolveranse concertos de Carlos Núñez, Xoel López, Vetusta Morla, Aló Irmao e Uxía en diferentes salas de Buenos Aires nun ciclo denominado La música de los gallegos. A coincidir coa presentación do evento, o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciou que AGADIC desenvolverá liñas de axuda para a mellora dos equipos de gravacións e mais a produción de grandes obras discográficas. Ademais as empresas contarán con apoios da axencia de cara á súa promoción internacional e poderán participar nun programa de intercambios con Cataluña, Portugal, Brasil e Centroeuropa.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

14/09/2009

Quiosco: e-scena

A presenza da música galega en Copenhague e Bos Aires é a portada do número 37 do boletín

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Carlos Núñez, Roberto Varela, Feira...