Unha xornada recupera a figura do novelista Xosé Fernández Ferreiro

O Pen Clube aproveita a cita para analizar a poesía e a novela actual

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931) é un novelista que cultivou o western (A morte de Frank González), a ciencia ficción (Reportaxe cósmico), a narrativa de quiosco (Corrupción e morte de Brigitte Bardot) ou novela de corte histórico (Agosto do 36, Os últimos fuxidos e, nos últimos tempos Tempo de centeo). Agora, o Pen Club quere recoñecer o seu traballo cunha homenaxe que terá lugar hoxe no Parador Museo de Santo Estevo de Ribas de Sil. Xosé Luis Méndez Ferrín, os poetas Víctor Campío Pereira e Manuel Álvarez Torneiro participan nesta homenaxe que ao mesmo tempo analizará o estado da novela e a poesía actual.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Poemas en viva voz

Achegámosche o recital co que o PEN Clube celebrou o Día Mundial da Poesía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Fernández, Poesía...