Cultura informa ao Consello da Xunta sobre o cambio da personalidade xurídica do CGAC

O centro depende a día de hoxe da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Era unha vella reivindicación cambiar a personalidade xurídica do Centro Galego de Arte Contemporáneo para darlle unha maior autonomía e unha rapidez de xestión. Hoxe deuse outro paso para ese cambio, coa presentación dun informe da Consellaría de Cultura ao Consello da Xunta que xustifica a necesidade desa conversión xurídica. Aínda que non se aclarou a nova fórmula que rexerá o CGAC o informe establece que a nova configuración permite novas fontes alleas de financiamento así como a explotación de recursos propios que lle dará unha maior autonomía ao centro. A día de hoxe, o CGAC (que ten un orzamento de 4.3 millóns de euros anuais) depende organizamente da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e funcionalmente do Padroado do Centro.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)