Galicia é a cuarta comunidade en presentar proxectos ás axudas culturais da Unión Europea

A xornada ofreceu claves e exemplos para presentar as solicitudes

4/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Augusto Paramio, responsable do Punto de Contacto Cultural do Ministerio de Cultura e Roberto Varela, Conselleiro de Cultura. Foto: Xunta

Primeiro Cataluña (5 proxectos), despois Madrid e Andalucía (3 proxectos cada unha) e logo Galicia (dúas solicitudes). Estes son os datos recollidos polo Ministerio de Cultura do número de proxectos culturais que presentaron nesta convocatoria de axudas do Programa Cultura 2007-2013. Todos eles figuran nun libro informativo repartido no marco dunha xornada informativa desenvolvidas hoxe no CGAG sobre as axudas da Comisión Europea. Nesta sesión avanzáronse as claves e consellos para presentar unha solicitude con garantías. Augusto Paramio, do Punto de Contacto Cultural do Ministerio de Cultura, insitiu na necesidade de buscar socios europeos e identificar a liña de axuda específica de todas as que ten a convocatoria do Programa Cultura, para poder conseguir unha achega. Agadic, Oqo Editora e o CSIC son algunhas das entidades que xa gozan destas subvencións.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Unión Europea, OQO, Comisión Europea...