Dezaoito creadores cítanse arredor da palabra no Verbum

O ciclo 6x6 Punto de encontro desenvolverase cada xoves ata o vindeiro 3 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Detalle do cartel do evento

Detalle do cartel do evento

Seis proxectos da man de 18 creadores emerxentes que traballan arredor da palabra desde perspectivas coma o teatro, as artes plásticas ou as artes do movemento cítanse no Verbum de Vigo este outono. O proxecto 6x6 Punto de encontro comeza hoxe ás 20:30 horas con A palabra falada, un espectáculo de Anabel Gago, Rocío González e Borja Fernández. A eles seguiranos cada xoves á mesma hora diferentes actuacións ata o vindeiro 3 de decembro que buscan achegar novos contidos ao centro e conseguir novos públicos para as artes escénicas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Verbum, Rocío González, Espectáculo, Artes Escénicas...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares