O Instituto de Estudos Vigueses, unha das entidades locais do seu tipo máis activas do país, podería estar ao bordo da desaparición. As principais causas da crise están na renuncia do seu director, Gerardo Sacau, que se fará efectiva o vindeiro xoves 29 de outubro e mais na diminución do apoio económico municipal, que pasará de 36.000 euros en 2009 a 22.000 en 2010. Segundo sinalou o presidente saínte, non hai tampouco ilusión nos colaboradores do colectivo para continuar o proxecto, que xa no último ano diminuíra moito a súa actividade.