A incomunicación protagoniza a curtametraxe gañadora do certame Socialcine

Incomunicados, de Érica Esmorís, fíxose co premio principal

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O concello da Coruña puxo en marcha Socialcine09, un certame para que os cidadáns fixeran curtametraxes co obxectivo de coñecer con outro punto de vista o que acontece ao seu redor. Unha iniciativa que tivo bastante eco na sociedade e que permitiu traballos como Incomunicados, de Érica Esmorís. A curtametraxe, que amosa a historia de dúas persoas con dificultades para comunicarse, foi, ademais, a gañadora do certame dotado con 1.000 euros. Tres de azúcar, A golpes e E escondite completan o palmarés deste encontro promovido pola concellaría de Servizos Sociais.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña

Claves