O Consorcio de Santiago contará con menos fondos en 2010

A Xunta reduciu a súa achega en 2 millóns de euros

21/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A entidade responsable de velar polo Patrimonio da Humanidade de Compostela, o Consorcio de Santiago, verá reducidos os seus fondos en dous millóns de euros para 2010. En total, o orzamento para ese ano será de 15,5 millóns de euros, o que supón unha grande diferenza cos 37,5 millóns que xestionou no anterior Ano Xacobeo. Mentres o Goberno Central mantivo a súa achega económica, a Xunta de Galicia acordou reducir a súa participación. Ademais, o Consorcio viña desenvolvendo un importante papel na organización de actividades nos diferentes anos santos.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Patrimonio da Humanidade, Ano Xacobeo, Xacobeo...