O sistema produtivo da Cultura representa o 2% do PIB en Galicia e, no 2007, representaba un 1.9 do emprego galego, cun total de de 23.300 empregados. Pero o Consello daCultura Galega e o Consorcio da Zona Franca queren un estudo máis detallado da improtancia das industrias culturais na economÃa galega. Por iso, acaban de asinar un convenio para realizar unha investigación que analizará con detalle a evolución de ingresos, custos e resultados no perÃodo 2005-2007, considerando inversión, financiaciamento e rendibilidade, tendo en conta tamén, a produtividade e o emprego. Ademais, unha vez identificadas as empresas do sistema produtivo da cultura galega, elaborarase unha base de datos (cunha mostra aproximada de novecentas) que estará a disposición do público no web do Consello para a súa difusión pública ou para investigacións.