Curtocircuíto desafía á crise e incrementa a contía dos seus premios

Irlanda é o país convidado desta edición que se desenvolve do 10 ao 17 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Con só seis edicións, Curtocuíto ten cifras de gran festival. Este ano recibiu 2.522 curtametraxes de 93 países diferentes, das que 223 pasaron a conformar a programación da “semana grande”, que terá lugar do 10 ao 17 de outubro en diferentes escenarios de Santiago. A sección oficial competitiva incrementa este ano a contía dos seus premios e repartirá 19.600 euros entre todas as categorías. Ademais, o festival contará cunha nova edición do mercado de curtas, a exposición Cinema In Out, un obradoiro documental, masterclasses e o programa especial do país invitado, Irlanda. Entre as novidades deste ano, destacaba que haberá que pagar entrada (2 euros, con prezo reducido para menores de vintecinco anos e xubilados).

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irlanda, Curtocircuíto, Cine, Documental...

Claves

Entidades
Conceptos