Comezan os traballos para crear a Fundación Culturgal

Plataformas do audiovisual, a música e o libro participarán na entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha xuntanza o pasado martes acordou iniciar os traballos para facer un estudo de viabilidade da Fundación Culturgal e iniciar a súa creación. No encontro participaron representantes da Asociación de Editores (AGE), a de Escritores en Lingua Galega (AELG), a de Produtoras Independentes (AGAPI), a de Empresas do Audiovisual (AEGA) e mais a de Produtoras Fonográficas (AGAPHONO), e achegaron o seu apoio o colectivo de Empresas de Internet(EGANET) e Escena Galega. Os participantes acordaron ter unha xuntanza o vindeiro mes para iniciar o traballo de elaboración dos estatudos da futura Fundación.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito