Atra bile

Teatro de Ningures narra a ritmo de comedia o drama dun velorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cartel de Atra Bile, montaxe de Teatro de Ningures

Cartel de Atra Bile, montaxe de Teatro de Ningures

Catro mulleres (tres irmáns e a súa criada) velan nunha noite de tormenta o cadáver do home dunha delas. É neses momentos de tensión cando saen á luz un montón de segredos e sentimentos narrados a forma de comedia. “Personaxes esperpénticos que viven un drama tremendo que pode ter referencias a Valle Inclán ou Lorca” explica Casilda Alfaro, unha das actrices da montaxe. Son as claves de Atra Bile, a última montaxe de Teatro de Ningures que se sitúa na súa liña de traballo habitual, a de teatro contemporáneo.

Atra Bile é un texto de teatro contemporáneo. Foi escrito por Laila Ripoll para a súa compañía Micomicón, que foi estreado no ano 2001. Teatro de Ningures recupera este texto con algunhas diferenzas sobre a montaxe orixinal, xa que agora, as personaxes das tres irmáns estarán interpretadas por mulleres e non por homes como fixo a compañía Micomicón.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Algún día…

Algún día…

Teatro do Atlántico reflexiona sobre a vida a raíz de catro actrices na súa última montaxe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro de Ningures, Comedia, Mulleres...

Claves

Protagonistas
Entidades