Vigo tómalle o pulso ao audiovisual cun festival de curtametraxes

O programa remata o sábado coa entrega de premios e un concerto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Había demanda por parte da xuventude de facilitarlles a entrada no mundo audiovisual” explicaba Iolanda Veloso, concelleira de Xuventude de Vigo. Unha cidade que non goza de grandes citas co audiovisual. Para atallalo, acaba de pórse en marcha Vigounhaedez un encontro que ofrece curtametraxes á unha e dez da noite. Proxeccións, obradoiros e encontros fan parte do programa que organiza o concello e a asociación cultural Abertal. A cita co audiovisual terá lugar ata o sábado, día no que se entregan os premios e haberá un concerto a cargo de Panta Rei e os Vacalouras.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Xuventude

Claves

Conceptos
Lugares